sábado, 15 de junio de 2013
ALEAS-EU rexeita o modelo do Orgullo celebrado en A Coruña e apoia a convocatoria de manifestación LGTBI en Vigo
O contexto no que o colectivo LGTBI se atopa fai que sexa necesario replantearnos o noso modelo de loita. Hai unha semana publicabamos unha declaración co noso modelo de Orgullo, un documento de duro traballo creado de abaixo cara arriba e coa colaboración do tecido asociativo LGTBI estatal e de movementos sociais.
Neste documento declarabamos a imperiosa necesidade dun Orgullo LGTBI combativo que, sin necesidade de renunciar ao seu caracter festivo, debía ser unha xornada de protesta e reivindicación política, onde as asociacións LGTBI e os movementos sociais debían ser os protagonistas, e ademais, debían quedar fóra da organización do mesmo as empresas, impedindo así a súa mercantilización.
Así, a Área de Expresión de Liberdade Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU) rexeita o Orgullo que se celebrou en A Coruña o día 14 de xuño, un Orgullo meramente de carácter lúdico e festivo, sen reivindicación política nin ningún tipo de pedagoxía sobre o colectivo LGTBI ou contra a LGTBIfobia. O único interese do Concello é atraer cada vez a máis xente a esta festa a costa do colectivo LGTBI, nada máis.
Por outra banda, denunciamos que a bandeira do Orgullo LGTBI, que se iza na cidade, cada ano afástase máis do centro da cidade, intentando así invisibilizar a histórica e actual loita do colectivo LGTBI. Tamén, vemos que o grande protagonista da organización destes actos é o Concello de A Coruña, pasando a un segundo plano a única organización LGTBI da cidade, todo coa colaboración e aprobación de 'Sete Cores'.
É por isto polo que non apoiamos esta “festa do Orgullo”, posto que non representa os principios básicos da principal mobilización do colectivo LGTBI. Este non é o caso do Orgullo vigués, onde o tecido asociativo LGTBI protagonista e que estará cheo de actos pedagóxicos e reivindicativos, sen renunciar ao espírito festivo da data e que se celebrará os días 28 e 29 de xuño.
Por último, ALEAS-EU anuncia a súa participación activa na manifestación do Orgullo LGTBI de Vigo o día 29 deste mes, data na que nos mobilizaremos contra a política conservadora dos gobernos do Partido Popular, contra o heteropatriarcado e a LGTBIfobia eclesiástica e polos dereitos e conquistas que aínda temos que conquistar.
Por un Orgullo LGTBI reivindicativo, anti heteropatriarcal, feminista, laico, ecolóxico e en galego! Orgullo é rebeldía!
Con la tecnología de Blogger.
Izquierda Unida
- Alberto Garzón
- EnComún
- Europa de los Ciudadanos
- I love IU
- Izquierda Abierta
- Izquierda Europea
- Izquierda Plural
- Izquierda Republicana
- Izquierda Unida
- Joan Josep Nuet
- José Luis Centella
- Juventudes Comunistas
- Mayores en Acción
- Mundo Obrero
- Partido Comunista de España
- Partido Obrero Revolucionario
- Plaza Roja
- Redes IU
- Área de Juventud
- Área de la Mujer
Busca en nuestra web
Hablamos de...
Aborto
Afiliación
África
AGE
ALEAS
Andalucía
Antifascismo
Aragón
Arcópoli
Áreas
Asamblea Federal
Asilo
Asturies
ATA
Balears
bandera LGTB
Bisexualidad
Bullying
Campañas
Canarias
Carteles
Castilla y León
Catalunya
Cayo Lara
CCOO
COGAM
comunicado
Comunicados
Congreso
Convergencia
Convocatorias
Crisis
Cultura
declaración institucional
Deporte
Derechos
Diputación
Economía
Educación
Elecciones
elecciones generales 2015
Empleo
Encuentros
Entrevistas
EUiA
Europa
Euskadi
Extremadura
F26D
Familias
FELGTB
Feminismo
FET
Fiestas
Fotos
Francia
FT
Fuenlabrada
Galicia
Girasol
Grecia
Huelga
ICV
ILGA
Institucional
Internacional
intersexualidad
IU
Izquierda Unida
Juventud
La Mancha
Laboral
Laicismo
Lambda
Latinoamérica
Lesbianismo
LGTB
LGTBfobia
Llamazares
Madrid
Manifiestos
Masculinidad
Matrimonio
Mayores
Memoria
Migrantes
Mobbing
Mociones
Mujer
Municipal
Murcia
Navarra
Nota de prensa
Noticias
Opinión
Organización
Orgullo
País Valencià
PIE
PNL
Poliamor
Portugal
Preguntas
Programas
Queer
Racismo
Recortes
Refundación
Represión
República
Resoluciones
Rioja
Rural
Rusia
Sanidad
Senado
Servicios sociales
Sindicalismo
Solidaridad
Syriza
Televisión
Transexualidad
Troika
TTIP
Universidad
UP
Varios
Vídeos
VIH
Visibilidad
XEGA