viernes, 11 de enero de 2013
Comunicado de apoio a Laura Bugalho
Vivimos tempos escuros, e aínda queda o peor. Non hai nin tres días, por fin soltaron a Alfon, un rapaz que, cando se dirixía a un piquete na folga xeral do 14N, foi detido inxustamente xunto coa súa moza ao pouco de saír da súa casa. Pasou, practicamente, dous meses preso baixo o réxime FIES 5, un réxime penitenciario para persoas perigosas e con alto risco de fuga, polo que permanecía practicamente incomunicado, illado e apartado (todo isto sen antecedentes).
Logo, o luns 7, unha internauta (@almu_en_lucha) foi interrogada e acusada de incitar á violencia polas súas mensaxes na rede social Twitter. Resulta que estas mensaxes “violentas” son citas do filósofo italiano Antonio Gramsci, condenado polo réxime de Mussolini por actividade conspirativa.
É curiosa a forma que ten o réxime de oprimir á cidadanía non aliñada. Estes son dous bos exemplos da política represora e de medo que se está a levar a cabo no Estado Español. Os poderes institucionais, impregnados de neoliberalismo e dominados polo capital, pretenden aplastar a mínima mostra de disconformidade e de rebelión con medo e violencia, mais, nas rúas sempre hai heroínas e heroes que non agochan a cabeza, que non deixan de berras: BASTA!
Laura Bugalho é un moi bo exemplo disto. Activista do movemento trans galego, feminista, independentista, 15M e defensora dos dereitos humanos, ademais de adicarse profesionalmente a persoas migrantes que acuden ao Departamento de Migración do sindicato CIG (Confederación Intersindical Galego). O seu activismo en liberdades sexuais foi recoñecido no 2011 co premio Nicolás Salmerón.
A todo isto, podemos sumarlle o importante papel que Laura Bugalho tivo na denuncia dun entramado que desembocou no 2009 na ‘Operación Peregrino’, na que Laura denunciou a implicación de membros de Estranxeiría da comisaría de Compostela. Tras estas acusacións, Laura denunciou sufrir acoso por parte da policía.
Agora, Laura Bugalho enfróntase a entre 3 e 6 anos de cadea acusada por falsidade documental continuada de documentos públicos. Durante a imputación de Bugalho, leváronse a cabo máis dunha irregularidade, como a citación a quince persoas sen petición xudicial e a ameaza ás mesmas de quedar sen papeis de non testificar. Ademais, foi retida durante 48 horas, durante as que denunciou malos tratos e vexacións pola súa condición.
Non son poucos os colectivos, xunto coa mesma Laura, @s que denuncian a persecución difamatoria e xudicial que está a sufrir. Dende ALEAS Esquerda Unida queremos unirnos a estes colectivos e pedir a desestimación xudicial do caso, posto que Laura Bugalho non é unha delincuente, é unha heroína galega. Así, tamén esiximos o cese do acoso por parte das forzas de represión do réxime contra a activista e unha petición de desculpas pública.
“Non enterran cadavres; enterran semente”. Antonio Rodríguez Castelao.
Con la tecnología de Blogger.
ALEAS-IU en las CC.AA
Izquierda Unida
- Alberto Garzón
- EnComún
- Europa de los Ciudadanos
- I love IU
- Izquierda Abierta
- Izquierda Europea
- Izquierda Plural
- Izquierda Republicana
- Izquierda Unida
- Joan Josep Nuet
- José Luis Centella
- Juventudes Comunistas
- Mayores en Acción
- Mundo Obrero
- Partido Comunista de España
- Partido Obrero Revolucionario
- Plaza Roja
- Redes IU
- Área de Juventud
- Área de la Mujer
Busca en nuestra web
Hablamos de...
Aborto
Afiliación
África
AGE
ALEAS
Andalucía
Antifascismo
Aragón
Arcópoli
Áreas
Asamblea Federal
Asilo
Asturies
ATA
Balears
bandera LGTB
Bisexualidad
Bullying
Campañas
Canarias
Carteles
Castilla y León
Catalunya
Cayo Lara
CCOO
COGAM
comunicado
Comunicados
Congreso
Convergencia
Convocatorias
Crisis
Cultura
declaración institucional
Deporte
Derechos
Diputación
Economía
Educación
Elecciones
elecciones generales 2015
Empleo
Encuentros
Entrevistas
EUiA
Europa
Euskadi
Extremadura
F26D
Familias
FELGTB
Feminismo
FET
Fiestas
Fotos
Francia
FT
Fuenlabrada
Galicia
Girasol
Grecia
Huelga
ICV
ILGA
Institucional
Internacional
intersexualidad
IU
Izquierda Unida
Juventud
La Mancha
Laboral
Laicismo
Lambda
Latinoamérica
Lesbianismo
LGTB
LGTBfobia
Llamazares
Madrid
Manifiestos
Masculinidad
Matrimonio
Mayores
Memoria
Migrantes
Mobbing
Mociones
Mujer
Municipal
Murcia
Navarra
Nota de prensa
Noticias
Opinión
Organización
Orgullo
País Valencià
PIE
PNL
Poliamor
Portugal
Preguntas
Programas
Queer
Racismo
Recortes
Refundación
Represión
República
Resoluciones
Rioja
Rural
Rusia
Sanidad
Senado
Servicios sociales
Sindicalismo
Solidaridad
Syriza
Televisión
Transexualidad
Troika
TTIP
Universidad
UP
Varios
Vídeos
VIH
Visibilidad
XEGA