martes, 15 de enero de 2013

Solidaridade com Laura Burgalho


Esquerda Unida leva anos denunciando o desamparo e limitación de dereitos que provocou e segue a provocar nas persoas migrantes a aplicación dunha Lei de Estranxeiría 14/2003, obra e graza do goberno Aznar co apoio indiscutible do PSOE.

A aplicación desta lei excluínte e o seu regulamento significan, no día a día, o medo e a persecución da poboación migrante. Unha lei que non é de acollida e de convivencia intercultural, senón unha mostra de racismo institucional: represiva e policial, que criminaliza ás persoas migrantes e a aquelas que as defenden.

A secretaría de movementos e dereitos sociais de Esquerda Unida manifesta o seu apoio á compañeira Laura Bugalho, activista e defensora dos dereitos humanos.

Xabier Ron declara que “cando a situación é límite, é preciso poñer por diante doutras consideracións a defensa dos dereitos humanos, tal como o fixo a compañeira Laura”. As persoas que se atopan en situación irregular, hoxe están condeadas ao medo permanente, e son tratadas como delincuentes e relegadas a unha situación inferior sobre a que recae o poder represor da lei. Non é lexítimo que se sosteña a situación de discriminación sobre persoas en función da súa situación administrativa. A labor de Laura e doutras compañeiras e compañeiros activistas en defensa dos dereitos humanos é fundamental para dar cobertura ás persoas migrantes debido ás eivas intencionadas da lei de extranxeiría.

Por todo isto, dende a secretaría de movementos e dereitos sociais de Esquerda Unida manifestamos o noso apoio á compañeira Laura Bugalho que presentará declaración o vindeiro mércores, 16 de xaneiro, ás 9h nos Xulgados de Fontiñas en Compostela.
Con la tecnología de Blogger.
Facebook  
 

Busca en nuestra web

Archivo