jueves, 23 de enero de 2014

ALEAS-EU quere unha Lei De Visibilidade LGTBI que defenda os dereitos do colectivo en Galiza


Estamos a vivir unha época de plena loita polos dereitos e liberdades do colectivo LGTBI, non só a nivel mundial, senón tamén en todo o estado e, aínda máis concretamente, no país.

Proba disto é a proxima aprobación da 'Lei de Transexalidade' en Andalucía, promesa electoral dos compañeiros de ALEAS-IU, a cal despatoloxiza a transexualidade e dá liberdade ás persoas transexuais a escoller e dicidir que ocurre co seu corpo, convertindo a Andalucía na rexión máis avanzada sobre esta cuestión en toda Europa. Así, debemos denunciar que esta Lei correu perigo polos obstáculos que puxeron no seu proceso os partidos do Réxime.

Agora, a batalla lexislativa trasládase a Galiza, onde se está a debatir unha Proposición de Lei de Visibilidade e Non Discriminación LGTB, presentada polo PSdG e á que ALEAS-EU e a súa deputada por Alternativa Galega de Esquerda (Eva Solla) xa presentaron as súas enmendas. Esta Proposición de Lei súmase a outras que se están a debatir noutros territorios do Estado como Catalunya, onde os compañeiros de ICV-EUiA presentaron unha iniciativa moi similar.

Deste xeito, dende a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU) non podemos evitar observar con incerteza o proceso de negociación de enmendas sobre dita proposta, dado que non debemos olvidar que o Partido Popular ten maioría absoluta e podería usala para impoñer o seu criterio.

Mentres que os demais grupos parlamentarios realizaron enmendas que limaban carencias sobre dita proposta, como a inclusión das persoas intersexuais en todo o documento, presentada por AGE, o Partido Popular practicamente se limita a rebaixar os contidos e esixencias da Lei, ademais de pedir suprimir importantes apartados como unha regulación das sancións ante agresións LGTBIfóbicas, eliminando así a mesma esencia pola que nace esta Lei e as demandas do movemento LGTBI.

Así, dende ALEAS-EU, esiximos ao Partido Popular que teña sentido común e que non use a súa maioría parlamentaria como un rodillo sobre o traballo e propostas das forzas da oposición, dado que de facelo esta Lei carecería de contidos e sería unha Lei inútil.
Con la tecnología de Blogger.
Facebook  
 

Busca en nuestra web

Archivo