martes, 4 de junio de 2013

ALEAS-EU aposta por un Orgullo LGTBI reivindicativo en Galicia


A Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU) ven de presentar unha declaración na que fai un chamamento a realizar unha manifestación unitaria e nacional do Orgullo LGTBI.

Tras pasar un ano da creación da área a nivel nacional, ALEAS-EU cre que as loitas do colectivo LGTBI non remataron e que os ataques que se están a recibir por parte dos gobernos autonómico e central, ambos do Partido Popular, deben ter unha resposta na rúa.

Segundo Noel Dopazo, Co-coordinador nacional de ALEAS-EU, “tras a aprobación do matrimonio igualitario houbo un proceso de desactivación do texido asociativo LGTBI en todo o Estado, algo do que Galiza non quedou á marxe, posto que a socialdemocracia deu a entender que as loitas xa estaban rematadas”. Á rolda de prensa tamén acudiu a deputada por Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Eva Solla, quen opina que “estes ataques non son residuais, senón que van a continuar, como podemos ver en eidos como o sanitario o una educación, polo que unha resposta unitaria de forzas de esquerda é moi necesaria”.

Así, ALEAS-EU cre que esta convocatoria unitaria debería estar convocada polas organizacións LGTBI, sendo o papel da área apoiar en todo o necesario e impulsar a movilización, tendo o papel protagonista as asociacións LGTBI galegas.

Por último, sen censurar o carácter festivo do Orgullo, o que ALEAS-EU rexeita é a mercantilización e o uso partidista da convocatoria, como está a acontecer en cidades como A Coruña, sendo o modelo da área o correspondente a un Orgullo combativo, antipatriarcal, feminista, ecoloxista e anti-heteropatriarcal.
Con la tecnología de Blogger.
Facebook  
 

Busca en nuestra web

Archivo