miércoles, 10 de octubre de 2012

Alternativa Antipatriarcal: é o momento


O trienio ultraliberal e patriarcal (2009-2012) que está abanderando o señor Feijoo dende a política galega supón un ataque moi grave aos direitos das mulleres, as minorías político-sexuais e os feminismos.

Durante o 2011 a Lei de Familia que xurde trala “Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa do Matrimonio e da Familia” abre e lexitima o camiño institucional hacia a criminalización da sexualidade femenina e o direito a decidir das mulleres galegas. Un ataque patriarcal en toda regla que ven das mans do Foro Español da Familia (FEF), da plataforma “Hazte Oir” e a “Confederación Católica de Padres y Alumnos”. E é que cando Gallardón se tira ao monte… por algo será. Non está soo, ben sabe que está perfectamente acompañado e laureado dende os lobbies sociais e mediáticos (Intereconomía, La Gaceta, etc.)

Igual que Gallardón agrede ao feminismo como movemento social afirmando que “o aborto é violencia estructural” o señor Feijoo lexisla unha Lei que afirma que a Galiza ten un “aprecio arraigado as súas tradicións e valores familiares […] estamos asistindo a unha crise do modelo tradicional da familia”. Niste eido de sin sentidos continúase a barbarie patriarcal afirmando que: “Galiza vive unha gravísima reducción da natalidade que produce un alarmante descenso demográfico que dificulta as posibilidades de manutención do Estado do Benestar”. Agora parece que a culpa é das feministas e non da precariedade que o Estado do “Benestar” impón cando quita as axudas da Dependencia, aproba reformas laboráis inxustas e non promove a corresponsabilidade laboral-familiar.

A Xunta, ao servizo do patriarcado, vende a idea de que compren medidas de apoio á familia (a súa concepción moral do que significa familia: heterosexual), a infancia e a adolescencia. Curioso é que queiran apoiar a mocidade cando logo non fan nada para evitar a precariedade laboral e atacan constantemente o rol sociopedagóxico dos centros Quérote na Galiza. Agora claro, ben que falan no “capítulo VI do Título I” sobre a “protección da maternidade, mediante o apoio e protección a muller xestante”. Toda unha parafernalia patriarcal que non para de supoñer un ataque brutal aso direitos universais e irrenunciabeis das mulleres galegas.

Pero… que se espera dun goberno que invisibiliza as minorías político-sexuais (lesbianas, gais, trans, bisexuais, intersexuais) na sociedade galega. Niste bucle patriarcal que non cesa a Xunta destinou 90.000 euros para asociacións provida (http://www.diagonalperiodico.net/Premio-de-436-665-euros-para-el.html) soo no ano 2011 e financiou con 3 millóns de euros a visita do Papa a Compostela (http://www.diagonalperiodico.net/Premio-de-436-665-euros-para-el.html) tratando de convertir a Galiza no estandarte dunha moral católica casposa e retrógrada.

O vindeiro 21O hai eleccións ao Parlamento da Galiza é todo indica (pese ao intento das enquisas de desdibuxar as forzas de esquerda) que o cambio será posíbel. O certo é que se presenta un momento ideal para poner fin a un trienio patriarcal que denominaremos “trienio de pedra”. Unha alternativa feminista e diversa é necesaria e posíbel. Vendo o panorama político galego a millor alternativa é Alternativa Galega de Esquerda. No eido do feminismo, os direitos das mulleres e das minorías político-sexuais amosan unhas propostas do máis interesantes (http://alternativagalega.com/programa/proteccion-a-saude-e-o-medio-ambiente/) e ambiciosas. Cabe destacar o punto 22 no que se afirma a “Defensa do dereito das mulleres a decidir sobre o seu propio corpo. Defensa do aborto libre, público e gratuíto. Eliminación da obxección de conciencia na sanidade pública”.

A sociedade galega precisa unha voz no Parlamento que tenda pontes cos feminismos, que visibilice as minorías político-sexuais, que loite contra a LGTBfobia (Homofobia, Transfobia e Bifobia), que sexa contundente contra os micromachismos e o sexismo institucional, que rompa co patriarcado global e calquera forma de discriminación das mulleres, e sobre todo avanzar pola dignificación das mulleres dos entornos rurais e equilibrar as desigualdes históricas que niste eido ven a vivir a Galiza a mitade da poboación.

Estamos ante un programa feminista, unha proposta antipatriarcal, unha ferramenta contra o sexismo e a LGTBfobia… estamos ante a Alternativa Galega de Esquerda!

Ángel Amaro 
Sociólogo

Con la tecnología de Blogger.
Facebook  
 

Busca en nuestra web

Archivo